A Netflix renova One Piece

148

One PieceSegundo ven de anunciar Eiichiro Oda, productor executivo e creador do manga orixinal, a Netflix ven de renovar a súa série One Piece para unha segunda tempada tan só dúas semanas despois da estrea, nunha decisión desacostumadamente rápida. Oda agradeceu aos fans nun vídeo: “Seica xente de todo o mundo gozou da série, o que fai que o duro traballo da equipa de produción merecera realmente a pena“. One Piece recibiu moi boas críticas e grandes resultados de audiéncia e está no “Top 10” da Netflix dende a súa estrea.