Do mesmo xeito que a Marvel Studios decidiu transformar a série Armor Wars protagonizada por Don Cheadle nunha longametraxe, a Lucasfilm confirmou que Lando, a série de televisión protagonizada por Donald Glover no papel de Lando Calrissian, será finalmente unha película.
O proxecto anunciára-se por primera vez en formato de série a finais de 2020 no decurso do Día do Investidor da Disney, após do éxito de Glover interpretando a versión mais nova do persoaxe da triloxía orixinal de Star Wars de Billy Dee Williams no filme de 2018 Solo: A Star Wars Story.
Daquela, o creador de Dear White People, Justin Simien, figuraba vencellado á fronte do plan, pero en xullo se soubo que por mor da súa axenda de traballo con The Haunted Mansion, estaba fóra do proxecto. No seu lugar, Donald e mais o seu irmán Stephen Glover fixeran-se cargo do guión cunha nova versión que entusiasmou á Lucasfilm.
O mesmo Stephen dixo nunha entrevista para a canle de Pablo Torre en YouTube: “Nin sequera é unha série… a ideia agora mesmo é facer unha película. Agora mesmo, por mor da folga, é coma telefonar toda a información“, e a mesma Lucasfilm confirmou posteriormente as novas do cámbio de formato.