Paranormal Activity no teatro

219

O veterán produtor Simon Friend, que axudou a converter o filme de Ang Lee Life of Pi nunha obra de teatro multipremiada en Broadway, ven de se facer cos dereitos da franquía de filmes de terror da Paramount Paranormal Activity.

Os plans son adaptar a série para unha obra de teatro no West End de Londres, con Levi Holloway encargado de escribir o libreto. Porén o proxecto está polo de agora aínda nos seus primeiros chanzos.

Oren Peli creou a entrega orixinal da franquía, que está centrada nunha família aterrorizada por un demo. A orixinalidade está en que a série enteira é vista dende a perspectiva de cámaras de vídeo de seguridade ou de teléfones móbiles, no lugar de usar técnicas tradicionais de filmación e gravación de imaxes.

As películas contaron todas elas con orzamentos moi pequenos e están polo tanto entre as que mais benefícios deron na indústria. As sete entregas levan recadados no seu conxunto ao redor de 900 millóns de dólares, mentres que todos os orzamentos xuntos non chegan a 28 millóns. A primeira longametraxe en concreto realizou-se con tan só 15.000 dólares, e recadou 197 millóns nos despachos de billetes. É, de feito, o filme mais rendíbel da história do cinema.

Entre os outros cretos de Friend están ademais a adaptación para os escenários de teatro de The Da Vinci Code e The Best Exotic Marigold Hotel.