O lendário escritor e guionista de cómics Alan Moore, creador de Watchmen e V for Vendetta, revelou nunha entrevista o pasado xoves que xa non acepta pagos polos dereitos de autor sobre as adaptacións que a DC fai sobre as súas obras, e que de feito reenvía eses cartos á organización antirracista americana Black Lives Matter. Ademais, criticou ás películas de superheroes contemporáneas, calificándo-as de “praga” do cinema, engadindo que a afección dos adultos aos filmes de superheroes é unha “infantilización” e un posíbel “precursor do fascismo“.