Dumbledore no post-apocalipse

0
210

DumbledoreMichael Gambon (o meigo Dumbledore nos filmes de Harry Potter) vai-se unir ao reparto de The Book of Eli, un filme de ciéncia-ficción post-apocalíptico que protagonizarán Denzel Washington e Gary Oldman e que dirixirán os irmáns Allen e Albert Hughes.

Gambon interpretará a ún dos membros dunha estraña parella que mantén as vellas tradicións neste conto futurista.

A Alcon Entertainment (filial da Warner Brothers) e mais a Silver Pictures coproducirán o filme, que xa ten data de estrea marcada nas axendas: o 15 de xaneiro de 2010.

Washington intepreta a un guerreiro solitário que viaxa a través dunha desolada versión de América nun futuro non moi afastado. A história orixinal foi escrita por Gary Whitta e reescrita por Anthony Peckham.