A Netflix ven de lle encargar unha secuela do filme noruegués de 2022 Troll ao director de Bølgen e Tomb Raider, Roar Uthaug.
A película orixinal comeza após dunha explosión nas montañas de Noruega causada por un accidente de minería, o que fai espertar a un antigo troll. Unha valente paleontóloga embárca-se na misión de detér ao monstro para evitar que cause o caos na civilización.
Ine Marie Wilmann, Kim Falck, Mads Pettersen e Gard B. Eidsvold protagonizaron aquel filme, que se estreou o ano pasado no mes de decembro no servizo de streaming da Netflix e que se converteu decontado no mais popular de língua non inglesa de todos os tempos, con mais de 100 millóns de visualizacións nos seus primeiros tres meses.
Ademais, Troll recibiu en xeral boas críticas, que apuntaron así e todo a que era unha cópia do argumento de Godzilla, pero a súa calidade de produción foi moi loubada.
Uthaug reunirá-se co guionista Espen Aukan e cos produtores Espen Horn e Kristian Strand Sinkerud para a secuela, que será, unha vez mais, un filme totalmente noruegués. A rodaxe comezará ao longo de 2024.