A Marvel comeza a mover aos X-Men

103

X-MenUnha vez rematada a folga de guionistas, a Marvel Studios está a pór os alicerces para a longamente agardada primeira película dos X-Men. Aínda que polo de agora non hai présa, a decisión sobre a contratación dun escritor chegará xa a comezos de 2024. O presidente dos estudos, Kevin Feige, está a supervisar o proxecto, que é un dos mais agardados polos fans dende que a Disney mercou á 20th Century Fox en 2019.