Andrew Niccol volve á CF

0
166

Andrew NiccolOrlando Bloom, Vincent Cassel e Olga Kurylenko (Quantum of Solace) serán os protagonistas de The Cross, un filme de ciéncia-ficción que dirixirá o novacelandés Andrew Niccol (o director de Gattaca e guionista de O Show de Truman).

Niccol xa escomezou a preprodución deste filme, que conta cun orzamento de 24 millóns de dólares (18 millóns de euros) e que ten previsto o início da fotografía principal en xuño en Austrália.

Ambientada nunha vila fronteiriza, The Cross marcará o regreso de Niccol ao lugar que lle deu un nome de seu na história da ciéncia-ficción: o futuro cercano. Bloom interpreta a un home que está a procurar cruzar unha misteriosa fronteira, algo que nunca ninguén fixo antes; Cassel será o gardián que fará o que sexa con tal de lle frustrar os seus intentos de fuga, mentres que Kurylenko será a actriz protagonista.