A comezos de 2020, o director de Doctor Strange e Sinister, Scott Derrickson, fora seleccionado para se encargar da secuela do clásico de Jim Henson de 1986 na TriStar Pictures e Maggie Levin (Into the Dark) ía escribir o guión. Con todo, o proxecto está paralizado a estas alturas e o mesmo Derrickson non ten moitas esperanzas: “Non sei o que está a acontecer. Nunca conseguimos que o estudo aceptara o guión, pero me sentín moi orgulloso do traballo que fixemos“.