Segundo revela Variety, as estrelas da DC Gal Gadot (Wonder Woman), Jason Momoa (Aquaman) e Ezra Miller (Flash) non volverán interpretar os seus papéis no novo Universo DC de James Gunn e Peter Safran, uníndo-se deste xeito aos tamén despedidos Ben Affleck (Batman) e Henry Cavill (Superman). No caso de Momoa hai abertas conversas para o papel de Lobo no futuro, pero do resto, só regresarán algúns dos actuais membros do elenco da série de televisión Peacemaker.