Eugene Ashe reescribe ao Rocketeer

113

O cineasta e músico de Harlem Eugene Ashe ven de recibir o encargo da Disney de escribir o reinício do clásico filme de aventuras e acción de 1991 The Rocketeer. Ashe substitúe deste xeito a Ed Ricourt (Jessica Jones) quen levaba vencellado ao posto dende había anos. David Oyelowo, o produtor, continúa polo de agora coma protagonista.

Billy Campbell, Jennifer Connelly, Alan Arkin e Timothy Dalton protagonizaron o filme orixinal, dirixido por Joe Johnston, e que ía sobre un mozo piloto en Los Angeles de 1938 quen atopa unha mochila voadora que usa para combater aos criminosos.

Os rumores do proxecto de The Return of the Rocketeer comezaron a xurdir hai uns dez anos e dende aquela houbo moitas variacións no que respecta aos protagonistas e ao guionista. Nestes intres a versión en desenvolvemento ficou sen director (J.D. Dillard fora o último que se dera a coñecer) e o único que se dá por certo é que Oyelowo será o protagonista, no papel dun ex-piloto negro que herda a mochila voadora.