O prodíxio regresa na Netflix

129

Após da repentina cancelación da série de debuxos animados o mes de xuño pasado na Paramount+ a série Star Trek: Prodigy ven de atopar o seu novo fogar na Netflix.

A empresa de streaming fará debutar a primeira tempada probabelmente a finais deste ano, mentres que a segunda, que xa está producida e lista para a estrea, terá que agardar até 2024.

Star Trek: Prodigy foi o caso de cancelación mais salientábel dos que a Paramount+ levou a cabo este verán coa intención de reducir custes de produción. Cando a nova se deu a coñecer, a segunda tempada estaba xa case rematada, polo que a intención da Paramount foi decontado a de vender os dereitos a algunha outra empresa.

A série, que está maiormente dirixida aos nenos, ten coma protagonistas a un grupo de áliens adolescentes que deben aprender non só a convivir senón a facer voar unha nave espacial, mentres navegan pola galáxia na procura dun futuro mellor. No decurso das súas aventuras decatan-se de que a nave pertence á Frota Estelar da Federación, e que conta cun computador-holograma que os axudará.

No elenco de voces están Kate Mulgrew no papel do holograma de Kathryn Janeway, Brett Gray coma Dal, Ella Purnell coma Gwyn, Rylee Alazraqui coma Rok-Tahk, Angus Imrie coma Zero, Jason Mantzoukas coma Jankom Pog e mais Dee Bradley Baker coma Murf.