A nai de Cristo ao cinema

0
195

Camilla BelleA produtora Aloe Entertainment ven de decidir sumar-se á moda da fantasía relixiosa e agora prepara un filme adicado á figura do Novo Testamento de María, a nai de Cristo.

Camilla Belle (10,000 BC) será a protagonista no papel do persoaxe principal, e a ela se unirán Jonathan Rhys Meyers no papel dual do anxo Gabriel e do demo Lucifer e Peter O’Toole coma Simeón.

Al Pacino e Jessica Lange están en conversas para interpretar respectivamente a Herodes e Ana a profetisa.

Mary Aloe será a produtora, xunto á Dune Films (Prince of Persia). O director arxentino Alejandro Agresti será o encargado de realizar este filme, que comezará a se rodar en Marrocos en maio.

A MGM planea lanzar a longametraxe para abril de 2010, coincidindo coa semana santa cristiá. A Media 8 Entertainment ocupará-se da distribución internacional e tentará introducir este filme no mercado europeo a través da vindeira Feira do Cinema de Berlín.