O filme Aurora, o novo proxecto da directora Kathryn Bigelow, está xa por comezar a súa rodaxe a primeiros de 2024. Cun guión orixinal de David Koepp (Jurassic Park, Mission: Impossible) baseado nun libro de seu, a história ten lugar en Aurora, Illinois, e segue a un par de persoaxes que deben enfrontar-se ao caos social causado por unha crise enerxética mundial. Unha nai e mais o seu fillo parten á procura do seu irmán, que vive no deserto.