A Stephen King non lle gusta Crepúsculo

0
199

Stephen KingAo mestre do terror Stephen King no lle gusta ren a saga de Crepúsculo. De feito, o autor de best-sellers coma It, O relostro ou Carrie afirma que a creadora da saga de vampiros adolescentes, Stephenie Meyer, é unha escritora mediocre, que escribe para rapazas adolescentes e que é incapaz de crear nada que “pague a pena“.

Nunha recente entrevista, King dixo que “A xente ve-se atraída polas histórias, polo ritmo, e no caso de Meyer está claro que ela escribe para unha xeración de rapazolas que ve como se abre perante os seus ollos a caixa forte do amor e o sexo nestes libros“. E engadiu que o mundo vampírico é unha espécie de “taquigrafía” para trasladar algúns sentimentos e experiéncias para as que as adolescentes ainda non están listas.

Ademais, King no tivo reparo en comparar a saga de Crepúsculo coa de Harry Potter, unha comparación na que o aprendiz de meigo sae moito millor parado cós vampiros xa que a preferéncia de King é clara cara J.K.Rowling. “As dúas, Rowling e Meyer, diríxen-se directamente ao público novo. A diferéncia real está en que Rowling é unha escritora fantástica e Stephanie Meyer non pode escribir ren que pague a pena. Non é moi boa“, sentenciou.