O produtor de cinema de terror Jason Blum afirmou na ComicCon de New York da semana pasada que a adaptación de Spawn do cómic ao cinema será diferente doutros filmes de superheroes que saturan o mercado. O seu plan é facer a “versión Blumhouse dunha película de superheroes” e ser “vangardista e orixinal“. A data de estrea do filme está aínda prevista para 2025, polo de agora conta cun guión que asinaron en diferentes fases ScottSilver, MalcolmSpellman e MatthewMixon, e JamieFoxx será o seu protagonista.