O Samaritano de Stallone terá secuela

139

A MGM Studios, propiedade da Amazon, quere desenvolver unha secuela de Samaritan, o filme de acción de 2022 protagonizado por Sylvester Stallone, e co mesmo guionista Bragi F. Schut.

Stallone repetirá o seu papel de protagonista grazas a un acordo ao que se chegou antes do comezo da folga de actores, que aínda segue en pé e que non ten trazas de rematar antes de fin de ano. El mesmo ademais será o produtor por médio da súa compañía, a Balboa Productions, á que representa o seu parceiro Braden Aftergood.

Julius Avery dirixiu o primeiro filme, que ía sobre un neno que é salvado de levar unha malleira grazas a un traballador da recollida do lixo. O neno cré que o traballador é un superheroe desaparecido hai vinte anos antes nunha épica batalla contra o seu mais poderoso inimigo.

As críticas non deixaron ao filme moi ben cualificado, pero mália iso, foi o mais visto do servizo durante tres semanas consecutivas despois da súa estrea, a finais de agosto do ano pasado.

O orzamento para o primeiro filme foi de ao redor de cen millóns de dólares, pero para a continuación aínda non está claro se se vai repetir a mesma cantidade. O proxecto en todo caso é a segunda franquía orixinal creada por Schut, responsábel de filmes coma Escape Room e The Last Voyage of the Demeter no cinema ou do guión do episódio piloto de Dungeons & Dragons na televisión.