O Highlander de Cavill sae á venda

160

A Lionsgate porá á venda no American Film Market que comeza este luns o seu longamente agardado relanzamento da franquía fantástica de Highlander, que conta con Henry Cavill coma protagonista no papel do espadachín escocés, e con Chad Stahelski (responsábel da saga de cans John Wick) coma director.

A proposta contará cun orzamento por riba dos 100 millóns de dólares, e o mesmo Stahelski xa se referiu a ela coma unha espécie de “John Wick con espadas“. A rodaxe ten previsto dar comezo ao longo de 2024.

A nova película baseará-se na orixinal de 1986, protagonizada por Christopher Lambert, Sean Connery e Clancy Brown coma seres inmortáis que loitan uns contra os outros para acadaren mais poder. Aquel filme, cos seus chimpos no tempo e co seu lema “só pode ficar un”, deu lugar a catro secuelas e a tres séries de televisión. O grupo inglés Queen forneceu a memorábel banda sonora orixinal.

Joshua Davis, Neal H. Moritz (Fast And The Furious), Stahelski e Louise Rosner son os produtores do reinício, mentres que o guión mais recente foi escrito por Mike Finch.