Lobeto co sexo e á violéncia

873

LobetoA Marvel decidiu dar-lle outra volta de rosca á traxectória en solitário do seu persoaxe Lobeto, ún dos integrantes da Patrulla X, e en canto remate a saga futurista que está a escribir para el Mark Millar, tanto a série regular coma o mesmo Lobeto mudarán de nome e pasarána se chamar Dark Wolverine.

Aos mandos da nova etapa estarán Daniel Way (Lobeto: Orixes e Masacre) e mais Marjorie Liu (NYX), mentres que será Giuseppe Camuncoli o encargado da parte gráfica. Na renovada série terán moita importancia os acontecementos do final de Invasión Secreta e a nova etapa (Dark Reign) que a Marvel abriu após da saga de Bendis.

Pero esta non será a única novidade que presenta a NYCC09, a convención do cómic na cidade de New York, para as séries mutantes nas que está involucrado Logan. Por exemplo, anúncia-se X–Force: Sex and Violence, por Craig Kyle e Chris Yost, con Gabriele dell´Otto nos lápices. Alí estarán Domino, Lobeto e algo mais haberá para que ese título teña algún sentido: Yost y Kyle dixeron que “uns cantos abrazos e algo de loita libre light. Coido que é xusto dicir que os lectores poden esperarse unha históra moi intensa, tanto no lado do sexo coma no da violéncia. Non imos amosar-nos tímidos en nada. Lobeto e Domino matan a aqueles cos que non poden ter sexo“.

A miniserie será un desenvolvemento paralelo á liña principal de X-Force, ainda que só Lobeto participará nela.