20th CENTURY STUDIOS / Kingdom of the Planet of the Apes. O director Wes Ball (Maze Runner) achéga-nos unha nova entrega da franquía dos símios, adentrándo-se várias xeracións no futuro após do reinado de César, cando os símios son xa a espécie dominante no planeta e os humáns deben sobrevivir nas sombras. Agora, un novo rei tirano xurde de entre os símios para construír un império, e un mozo deberá comezar unha viaxe que lle fará cuestionar-se todo o que sabe sobre o pasado. A estrea nas salas de cinema deberá agardar até o 24 de maio de 2024.