Daisy Ridley enterra aos mortos

68

A estrela da última triloxía de Star Wars, Daisy Ridley, protagonizará o thriller de supervivéncia We Bury the Dead, do escritor e director Zak Hilditch, responsábel da ben recibida adaptación da novela de Stephen King 1922.

Ridley interpretará a Ava, unha muller desesperada cuxo marido desaparece tras un catastrófico experimento militar. Coa esperanza de atopa-lo con vida, úne-se a unha unidade de recuperación de cadáveres, pero a súa procura dá un xiro arrepiante cando os corpos que está a enterrar empezan a dar sinais de vida.

Kelvin Munro, Grant Sputore e Ross Dinerstein producen. A rodaxe comezará en febreiro en Austrália, acollida a un acordo especial co sindicato de actores SAG-AFTRA.

Ridley ten pendente para o ano que ven outra rodaxe en Inglaterra, a da nova entrega da saga de Star Wars, que terá lugar quince anos despois dos acontecementos de Rise of Skywalker e na que o seu persoaxe de Rey adestrará á vindeira xeración de Jedi.