Anunciada a secuela de It Follows

77

A secuela do éxito It Follows de 2014 xa conta con aprobación oficial após do anúncio de que o seu director, David Robert Mitchell, regresará xunto á protagonista Maika Monroe. O título da nova entrega será They Follow.

Monroe repetirá o seu papel de Jay Height, unha muller vencellada a unha maldición sobrenatural que se transmite por contacto sexual. As vítimas son perseguidas por unha entidade que só elas poden ver e que pode tomar a aparéncia de calquera persoa. A entidade só pode mover-se a paso normal, pero sempre sabe onde está a súa vítima e se achega sen descanso até que a atrapa e a mata, polo que o único xeito de se librar dela é pasar-lle o meigallo a outra persoa.

O filme orixinal, que se fixo cun orzamento de só 1,3 millóns de dólares, recadou mais de 23 millóns e moi boas críticas.

Os detalles da secuela aínda non se deron a coñecer, pero seica terán que ver co feito de que Jay contraataca e comeza a perseguir á orixe da entidade.

A rodaxe terá lugar ao longo do ano que ven, con Mitchell, Jake Weiner, Chris Bender, David Kaplan, Erik Rommesmo, Rebecca Green e Laura Smith producindo.