A AMC rescata ao Nautilus

73

NautilusDous meses despois de que a Disney+ a desbotara, a AMC Networks ven de se facer cos dereitos de Nautilus, a série inglesa de acción real de dez episódios inspirada en Vingt mille lieues sous les mers de Jules Verne e protagonizada por Shazad Latif no papel do capitán Nemo. Rodada o ano pasado en Austrália, a história narra a orixe do capitán, que nesta versión é un príncipe índio feito prisioneiro polos ingleses. A AMC emitirá a série no seu servizo de streaming AMC+ o ano que ven.