Superman e Lois despíden-se para sempre

130

Superman & LoisA canle The CW cancelará a série Superman & Lois após de emitir o derradeiro episódio da quenda de dez correspondentes á súa cuarta tempada. Esta tempada tivo xa que pasar por un difícil axuste e por un recorte de orzamento, que supuxo a marcha de moitos dos seus actores. O remate da série marcará asemade a fin dunha era na CW, unha cadea que pasou a maior parte dos últimos dez anos emitindo séries de superheroes da DC Comics, comezando co lanzamento de Arrow en 2012.