Futurama renovada até 2026

118

FuturamaA Hulu ven de encargar a produción doutras dúas tempadas de dez episódios cadansúa da série de debuxos animados Futurama, após do seu rexurdimento este ano baixo os creadores orixinais Matt Groening e David X. Cohen. A compañía se fixera cos dereitos da série en 2022, encargando dúas tempadas e vinte episódios en total. Os dez primeiros, que conforman a 11ª tempada, estreáron-se en xullo, e a 12ª tempada, cos restantes dez episódios xa producidos, chegará en 2024. Este novo pedido sinificará a extensión da série polo menos até 2026.