Doom podería substituír a Kang

269

Doctor DoomOs problemas da Marvel non se limitan ao que aparece nas pantallas, senón tamén fóra delas. Jonathan Majors, o actor que ía liderar toda a nova fase do seu universo cinemático no papel de Kang, terá que pasar a finais de meses polos xulgados de New York acusado de violéncia doméstica. Calquera que sexa o resultado do xuízo, non será bó para a Marvel, que quere reconsiderar os seus plans e se cadra substituír a Kang co doutor Doom, o outro superfalcatruán dos cómics que ten peso abondo para ser protagonista dunha saga de seu.