Blade quere ser para maiores

233

O reinício de Blade da Marvel Studios semella tan maldito coma o seu vampiro protagonista. O filme pasou xa polo menos por cinco guionistas e dous directores, e cando todo estaba por comezar, dúas semanas antes do comezo da rodaxe, chegou a pandémia, e logo a folga de actores.

Nestes intres o protagonista é Mahershala Ali, o guión foi asinado por Michael Starrbury (When They See Us) e Nic Pizzolatto (True Detective) e o director é Yann Demange (Lovecraft Country). Este último, nunha recente entrevista, confirmou que ten a benzón dos estudos para facer un filme con cualificación R (para maiores de 18) e deste xeito poder contar a história que queren:

Déron-me a cualificación R, que é moi importante. Ímo-nos divertir porque Mahershala é un actor moi profundo. Emociona-me amosar unha espécie de desapiadado, unha rudeza que ten, que lle permite camiñar pola terra dun xeito moi particular. Encanta-me por iso. Ten dignidade e integridade, pero hai unha ferocidade que adoita manter baixo a superfície. Eu quero ceiba-la e poñe-la na pantalla“.

A data de estrea aínda non se modificou e segue a ser o 14 de febreiro de 2025, aínda que a produción non ten previsto comezar polo de agora.