A nova adaptación en dúas películas de Greta Gerwig, directora e coguionista de Barbie, da série de clásicas novelas de fantasía de C.S. Lewis The Chronicles of Narnia ten previsto o comezo da produción para o ano que ven.
En xullo se soubo que Gerwig chegara a un acordo coa Netflix para escribir e dirixir polo menos dúas longametraxes baseadas nos libros, pero aínda non está claro cales serán adaptados, e tampouco se sabe se será unha continuación das tres películas anteriores, estreadas entre 2005 e 2010, ou se tentará facer unha versión dalgunha das novelas aínda non adaptadas, coma The Magician’s Nephew ou The Silver Chair.
A Netflix fíxo-se cos dereitos sobre a franquía en 2018, e daquela anunciou os seus plans de se asociar coa The C.S. Lewis Company nun acordo plurianual para producir séries e películas baseadas nos libros. Un ano despois, o co-guionista de Coco Matthew Alrich incorporou-se coma xefe creativo para supervisar todo o desenvolvemento do proxecto.
Os libros da saga de Nárnia venderon xa mais de 100 millóns de exemplares e foron traducidos a 47 idiomas, pero entre eles non está aínda o galego.
ACTUALIZACIÓN [10.11.23] O executivo da Netflix Scott Stuber revelou que os plans son coller o arco argumental enteiro dos sete libros da saga e adapta-los ás pantallas, comprimidos en dous filmes. Ademais, engadiu que dado que os libros son basicamente propaganda cristiá e que a directora Gerwig medrou nun fogar cristián, ela non vai dubidar en incluír ese punto.