Hai cousa dun ano a Warner Bros. Pictures anunciou que botaba ao caldeiro do lixo Batgirl, un filme xa rematado e que custara case 100 millóns de dólares producir. Agora, mália que as probas de pantalla amosaron que o filme acadou cualificacións excelentes, e que outros estudos estaban interesados en merca-lo, a Warner repite a xogada con Coyote Vs. Acme, unha película que custou 70 millóns e que mestura debuxos animados con acción real. Will Forte e John Cena foron os protagonistas e Dave Green o seu director.