Orgullo e Prexuízo… zombi!

0
156

Seguro que non hai moita xente que pense que a clásica novela de Jane Austen Orgullo e Prexuízo gañase moito se lle metemos un par de zombis, pero non todo o mundo pensa igual. En abril aparecerá unha paródia da obra e os estudos de Hollywood xa están a organizar unha adaptación para o cinema. O libro foi escrito polo cómico americano Seth Grahame-Smith, que puido “poñer ao día” a novela porque actualmente xa non ten dereitos de autor, ao ser unha obra antiga.