Exploding Kittens

71

NETFLIX / Exploding Kittens. A nova série de debuxos animados protagonizada por Tom Ellis (Lucifer) no papel do Deus Gato vai sobre o eterno conflito entre o ceo e o inferno, que alcanza proporcións épicas cando Deus e o demo son enviados á Terra no corpo de dous gordechos gatos caseiros. Abraham Lim, Lucy Liu, Ally Maki, Mark Proksch e Sasheer Zamata prestan as súas voces a esta série orixinal de Mike Judge e Greg Daniels. A estrea será o ano que ven, probabelmente en outono.