Despois dos filmes, séries, videoxogos, cómics e novelas, a franquía de Terminator chegará á Netflix cun novo formato: unha série de anime creada polos estudos de animación xaponeses Production IG (responsábeis de Ghost in the Shell) e producida pola Skydance.
A série porén estará protagonizada por persoaxes novos dentro do universo da saga. En 2022, unha guerra desatou-se entre os poucos superviventes humanos e un exército de máquinas, despois de que en 1997 a IA coñecida coma Skynet adquirira conciéncia de si mesma e comezara decontado unha guerra contra a humanidade.
Un soldado atrapado entre o futuro e este pasado é enviada ao pasado para mudar o destino da humanidade e chega a 1997 para protexer a un científico chamado Malcolm Lee que traballa no programa de IA.
Matt Tomlin será o showrunner, produtor executivo e guionista, e Masashi Kudo dirixe este proxecto, que é o primeiro da franquía que se converte en anime.