A Amazon, a Apple e mais a Netflix están na listaxe de candidatos para se facer cos dereitos do filme Coyote vs. Acme que a Warner Bros. Pictures cancelou hai un par de días. Após da indignación xeral causada no mundo do cinema, a Warners recuou a súa decisión inicial de se desfacer por completo do filme para aforrar impostos, e no seu canto semella agora interesada en vende-lo ao mellor ofertante. Ao longo deste mes escoitará as propostas e tomará unha decisión final.