A Warner Bros. Pictures ven de adquirir os dereitos cinematográficos do título de ciéncia-ficción da Marvel Comics Alien Legion e xa conta con plans para converte-lo nunha franquía de ópera espacial.
As histórias centran-se nunha unidade militar chamada a Forza Nomad, semellante á lexión estranxeira francesa. A Nomad opera baixo a burocrática Unión Galáctica, que se esforza por ser un crisol de todas as espécies, pero os prexuízos e as malas intencións chocan cos idealistas ben intencionados, con persoaxes coma o ex-escravo capitán serpente Sarigar, o dexenerado Juger Grimrod ou o amigábel médico de catro brazos Meico.
Tim Miller (Terminator: Dark Fate, Deadpool) dirixirá o proxecto, que contará asemade coa produción de Aaron Ryder, Don Murphy e Susan Montford.
O cómic foi creado por Carl Potts, Alan Zelenetz e Frank Cirocco en 1983 e foi publicado pola Epic Comics, un selo da Marvel, e hoxe é o título mais lonxevo da editorial. A princípios da década dos 2000, a Dimension Films e Jerry Bruckheimer comezaron a desenvolver un proxecto para levar a propriedade ao cinema, pero este nunca chegou a se producir, polo que os dereitos regresaron a Potts.