A Torre do Terror ao cinema?

617

A popular atracción de Disneylándia “A Torre do Terror” podería ser obxecto dunha adaptación ao cinema, coma no seu día lle aconteceu a Piratas do Caribe. Esta sería a cuarta ocasión no que unha atracciónde feira é convertida en filme: as anteriores foron Os Osos Campestres, A Mansión Enmeigada e por suposto Os Piratas do Caribe. En 1997 xa se fixera unha adaptación para un telefilme, que protagonizaron Steve Guttenberg e Kirsten Dunst.