Ana Nogueira escribe á nova Supergirl

220

A actriz e libretista Ana Nogueira (The Vampire Diaries) ven de recibir o encargo de escribir o guión para o filme Supergirl: Woman of Tomorrow para a Warner Bros. Pictures e a DC Studios.

Nogueira fora contratada xa o ano pasado para o proxecto, cando este aínda ía ser unha secuela de The Flash, con Sasha Calle coma protagonista, pero eses plans fracasaron despois de que James Gunn e Peter Safran se fixeran cargo da DC e reorganizaran todos os proxectos pendentes.

En xaneiro revelou-se que había un filme de Supergirl na grella de produción, pero xa sen relación algunha con The Flash, e inspirado no seu canto pola minisérie dos comics de Tom King publicada en 2021, que redefine ao persoaxe e conta como Kara Zor-El fica atrapada nunha épica vinganza. A Gunn e Safran gustou-lles o traballo que Nogueira fixera para o anterior proxecto de Supergirl, así que a trouxeron de volta e lle ofreceron un contrato coa DC.

Polo de agora non hai director vencellado ao novo esforzo.