O remake con acción real do filme de debuxos animados da Disney de 2016 Moana será o vindeiro proxecto de Dwayne Johnson.
O filme, anunciado o pasado mes de abril, será o remake mais recente dos que a Disney está a facer dos seus clásicos animados. O guionista e libretista Thomas Kail, coñecido sobre todo polo musical Hamilton, será o director do filme, que comezará a se rodar en maio. Auli’i Cravalho, a actriz que lle puxo a voz á nena Moana no filme, non estará diante das cámaras para este novo proxecto, pero participará coma produtora executiva.
Nunha entrevista na tele, Johnson confirmou que o seu papel será o de Maui, e engadiu: “Estou moi emocionado con isto. Non é só un xeito de lle render homenaxe aos meus devanceiros e á miña cultura polinésia, senón unha história incríbel que resoa en todo o mundo, especialmente para as rapazas e para empoderar ás nenas“.
A versión de acción real celebrará ás illas, ás comunidades e ás tradicións dos habitantes do Pacífico, vistos a través dos ollos dunha rapaza que quere seguir un camiño de seu. Jared Bush, responsábel do guión orixinal, escribiu tamén o do remake, xunto a Dana Ledoux Miller.