Imaginary

62

LIONSGATE / Imaginary. A nova proposta de terror da Blumhouse utiliza a inocéncia dos amigos imaxinários e fai unha pregunta: son realmente produto da imaxinación infantil ou hai algo mais terrorífico debaixo? Cando Jessica (DeWanda Wise) regresa coa súa família á casa da súa infáncia, a súa filla pequena Alice (Pyper Braun) desenvolve un estraño vencello cun ursiño de peluxe chamado Chauncey que dá atopado no soto. Os xogos que comeza a xogar con Chauncey van-se volvendo cada vez mais sinistros e Jessica se decata de que o peluxe é moito mais do que semella ser. Estrea o 8 de marzo de 2024.