A produtora de Sam Raimi, a Ghost House Pictures, ten postos os ollos nos remakes de dúas producións europeas de terror, comezando por Angustia, un filme de 1987 do director e guionista catalán Bigas Luna.
Ademais, a Ghost House,que xa estivo atrás de filmes de terror de éxito coma The Grudge, tamén adquiriu os dereitos para facer un remake da película danesa Room 205.
Angustia vai sobre duas rapazas que mentres miran un filme de terror no cinema descubren que elas mesmas están metidas no seu própio filme de terror e que as súas vidas comezan a ser as mesmas cás das protagonistas do filme que están a ver. Jake Wade Wall (Cando chama un estraño) escribiu o guión do remake.
Pola súa banda, a produtora de Raimi contratou ao director de Room 205, Martin Barnewitz, para que se encargue do remake en inglés, que levará por título The Dorm.
A história vai sobre un par de novatos que veñen de entrar á universidade e que descubren que o cuarto que comparten está enmeigado por forzas sinistras. Stephen Susco, que escribiu The Grudge e The Grudge 2, adaptará o guión orixinal.