O regreso da xente de debaixo das escaleiras

162

Ezra Claytan Daniels, o guionista responsábel de Doom Patrol e Night Sky, escribirá o remake do filme de terror suburbán de 1991 de Wes Craven The People Under the Stairs para a Monkeypaw Productions de Jordan Peele e mais a Universal Pictures.

Brandon Adams, Everett McGill, Wendy Robie, A.J. Langer e Ving Rhames protagonizaron o filme orixinal, que Craven escribiu, dirixiu e produciu. A história vai sobre un mozo chamado Fool (Adams) que entra na casa dos Robeson, os propietários da vivenda da súa família, unha estraña e cobizosa parella dos tempos de Reagan.

Fool atopa no soto moito mais do que agardaba, pero mentres tenta fuxir antes de que os psicópatas poidan atrapa-lo, atopa á súa filla Alice (Langer), que tenta escapar con el.

O filme, que estaba inspirado nunha história real, recibiu boas críticas pola súa sátira da xentrificación, a loita de clases e o capitalismo.

Para a nova versión, Peele e Win Rosenfeld serán os produtores. O proxecto está a dar os seus primeiros chanzos, aínda que o primeiro anúncio se remonta a 2020. Non se agarda que Peele sexa o director.