A Peacock ven de anunciar que o 11 de xaneiro estreará os sete episódios da primeira tempada de Ted, a série que serve de precuela aos dous filmes homónimos protagonizados por Mark Wahlberg na Universal Pictures. A série sitúa-se en 1993, cando a fama do peluxe Ted (Seth MacFarlane) pasou e vive na súa casa de Framingham, Massachusetts, coa família do seu mellor amigo, un rapaz de 16 anos. McFarlane é o produtor executivo, guionista e director.