Lawrence encabeza a Longa Marcha

274

No decurso da promoción de The Hunger Games: The Ballad of Songbirds and Snakes, o realizador Francis Lawrence confirmou a súa participación na longamente xestada adaptación cinematográfica da novela de Stephen King The Long Walk.

O director afirmou que está vencellado ao filme, pero non deu mais detalles sobre en que grao, e aclarou que este é só ún dos vários proxectos que ten entre mans, cunha secuela de Constantine, unha secuela de I am Legend e mais a película de BioShock tamén na listaxe. Esta última seica xa dispón dun “grande guión” que está rematado.

A história de Long Walk, escrita por King baixo o alcume de Richard Bachman, está ambientada nunha América distópica do futuro na que cen adolescentes participan nun concurso anual de camiñar sen parar até que só ún deles fica en pé con vida e recibe un prémio. O protagonista é un camiñante de dezaséis anos chamado Raymond Garraty, quen debe tratar con outros adolescentes, algúns bos, outros malos e outros misteriosos.

As últimas novas que se tiveron deste proxecto se remontan a 2018, cando o guionista James Vanderbilt (The Amazing Spider-Man) estaba listo para escribir e producir o filme.