Os Rapaces visitan México

354

A Amazon Prime Video semella ter atopado a súa particular galiña dos óvos de ouro e xa prepara un segundo spin-off con acción real de The Boys titulado The Boys: México, que xa conta con algúns nomes a salientar.

O proxecto servirá para reunir aos protagonistas do filme de 2002 Y tu mama tambien, Diego Luna e Gael García Bernal, a quen vimos hai non moito respectivamente en Andor e Werewolf by Night, e que están por acadar un acordo para ser os produtores executivos do proxecto, no que ademais poderían participar facendo papéis secundários.

Gareth Dunnet-Alcocer, guionista de Blue Beetle, será o creador, guionista e produtor executivo deste spin-off, ao que ademais se unirá outro co-showrunner. Xa se está traballando no guión.

A série rodará-se en español en México e estará situada na capital, Cidade de México, pero polo de agora non comezaron as tarefas de casting polo que non hai ninguén confirmado.

Os produtores da série principal, Eric Kripke, Seth Rogen, Evan Goldberg, Neil H. Moritz, a Sony Pictures Television e mais a Amazon MGM Studios tamén están a bordo.

O primeiro spin-off de acción real, Gen V, estreou-se na Amazon Prime con grande éxito de crítica e público e foi xa renovada para unha segunda tempada. Ademais, hai unha antoloxía con debuxos animados, titulada The Boys Presents: Diabolical, que se estreou a primeiros deste ano.

A cuarta tempada da série orixinal The Boys volverá ás pantallas o ano que ven.