O teléfone negro volve a chamar

359

O elenco ao completo da primeira parte, formado por Ethan Hawke, Mason Thames, Madeleine McGraw, Jeremy Davies e Miguel Mora regresará para a secuela do éxito de terror de 2022 The Black Phone.

A equipa de Sinister, o director Scott Derrickson e o seu coguionista C. Robert Cargill, foi a artífice do éxito que recadou mais de 161 millóns de dólares en todo o mundo a partir dun orzamento inicial dez veces menor.

No filme orixinal, baseado nunha história de Joe Hill, Thames interpretaba a un rapaz secuestrado por un asasino de nenos nun bárrio das afóras que era encerrado nun soto insonorizado. Alí comeza a recibir chamadas das vítimas anteriores do seu trastornado captor a través dun teléfone de disco desconectado, todas elas tentando axuda-lo a atopar o xeito de fuxir antes de que el se converta na nova vítima.

A película acadou moi boas críticas e foi non só ún dos éxitos do ano pasado, senón un dos filmes mais rendíbeis.

Para a secuela, Derrickson e Cargill regresan xunto a Jason Blum coma produtor. The Black Phone 2 ten xa fixada unha data de estrea nas salas de cinema para 27 de xuño de 2025.