Adam Marcus camiña cos zombis

0
182

I walked with a zombieO produtor e director Andy Fickman (Race to Witch Mountain) está a desenvolver para a RKO Pictures catro remakes desta clásica compañía de filmes de terror xunto á Twisted Pictures (Saw), e o primeiro será Eu camiñei cun zombi, unha extraña longametraxe de 1943 dirixida por Jacques Tourneur.

Adam Marcus, que dirixiu Jason Goes to Hell: The Final Friday, será o realizador deste filme, que vai sobre unha enfermeira que usa o vodú para resucitar á muller do encargado dunha plantación. “Estamos a nos prepararar para sair á procura dun cásting para isto, e rodaremos o filme en New Orleans en primavera“, revelou Finkman.