Tasha Huo será a guionista da próxima adaptación cinematográfica da franquía de manga e anime Naruto de Masashi Kishimoto.
Huo é ademais a guionista de Red Sonja e mais a showrunner da série de anime da Netflix Tomb Raider. Ambos proxectos están por saír para o ano que ven.
O manga por entregas Naruto publicou-se en 1999 e rapidamente encabezou as listas de vendas e acadou unha adaptación ao anime. O seu protagonista é Naruto Uzumaki, un novo ninja que busca o recoñecemento dos seus compañeiros e soña con se converter no Hokage, o líder da súa aldea.
A história do manga narra os seus anos de preadolescéncia e adolescencia e desenvólve-se ao longo de 72 volumes publicados ao longo de 15 anos. O anime inclúe 720 episódios en dúas séries, ademais de 11 películas de debuxos animados, 12 vídeos orixinais, vários videoxogos e moito mais.
Naruto é unha das séries de manga mais vendidas da história, con 250 millóns de exemplares en circulación en todo o mundo. Aínda que hai anos que se ven falando dunha adaptación ao cinema, esta é a primeira vez que hai algo concreto ao seu redor.
A posíbel adaptación con acción real de Naruto ven unir-se á exitosa série One Piece na Netflix, que xa foi renovada para unha segunda tempada.