Lightfoot úne-se a Spider-Man: Noir

221

Steve Lightfoot (The Punisher) ven de se incorporar coma co-showrunner xunto a Oren Uziel (The Lost City, Mortal Kombat) coma guionista/co-showrunner da serie de acción real Spider-Man Noir na Amazon Prime Video.

Anunciada en febreiro, o programa contará cun vello e cano superheroe no New York dos anos 30, durante a Grande Depresión. A série estará ambientada nun universo de seu e o protagonista non será Peter Parker.

O Spider-Man Noir dos cómics debutou en 2009 e apareceu xa dúas veces nas pantallas en forma de debuxos animados. Milo Ventimiglia púxo-lle a voz para a tele, en Ultimate Spider-Man, e Nicolas Cage fixo o mesmo no cinema en Spider-Man: Into the Spider-Verse.

Os aclamados produtores da franquía de Spider-Verse, Phil Lord e Christopher Miller, e mais a ex xefa dos estudos Sony, Amy Pascal, son os produtores executivos para este proxecto, que é o segundo baseado nos persoaxes da Marvel dos que a Sony posúe os dereitos e que a Amazon Prime Video e a MGM+ poñen en marcha. O primeiro é a série Silk: Spider Society, que conta coa showrunner Angela Kang.