Gañadores dos Game Awards 2023

166

Tal e coma se agardaba, o xogo de rol Baldur’s Gate 3 levou-se o prémio gordo do mellor videoxogo do ano na décima edición dos Game Awards. O título levou-se seis prémios en total, entre eles os de mellor xogo de rol e mellor multixogador.

Alan Wake 2, da Remedy, foi o outro grande protagonista, con tres prémios: mellor narrativa, a mellor dirección artística e mellor dirección de xogo. Os outros candidatos a mellor xogo do ano foron Marvel’s Spider-Man 2, o remake de Resident Evil 4, Super Mario Bros. Wonder e The Legend of Zelda: Tears of the Kingdom.

Outros gañadores a salientar foron a série de televisión The Last of Us da HBO como mellor adaptación, Sea of Stars coma mellor xogo independente, Cocoon coma mellor xogo independente debutante, Honkai: Star Rail o mellor para móbiles e Resident Evil Village VR Mode, o mellor no apartado de realidade virtual.

No tocante aos xéneros, Armored Core VI: Fires of Rubicon foi o mellor videoxogo de acción, Zelda o mellor de acción e aventura, Street Fighter 6 o mellor xogo de loita, Super Mario Bros. Wonder o mellor para nenos (chamado “familiar”), Pikmin 4 o mellor de simulación e Forza Motorsport o mellor xogo deportivo e innovación en accesibilidade.

A gala pechou-se con prémios para a banda sonora de Final Fantasy XVI, Cyberpunk 2077 coma mellor xogo contínuo, Hi-Fi Rush o mellor deseño de áudio e Final Fantasy VII Rebirth coma o xogo mais esperado.