Trevorrow viaxa polo tempo coa Amazon

207

O realizador de Jurassic World, Colin Trevorrow, unirá forzas coa Amazon Prime Video para desenvolver Halcyon, unha série de thriller de ciéncia-ficción paranoica. O elenco aínda non está definido.

A história baséa-se nun futuro próximo e envolve o Programa de Protección de Testemuñas, que agora ten a capacidade non só de realoxar aos informadores e ás suas famílias xeograficamente, senón tamén temporalmente, colocando-os en várias épocas no tempo.

Porén un día, este sistema aparentemente infalíbel é violado e é descuberta unha lista de testemuñas transplantadas. Os criminosos envían escuadróns da morte tras delas a través do tempo.

O protagonista é Nathan Crew, un simple técnico da extinta División de Portais Temporais do Programa de Protección de Testemuñas, que é obrigado a viaxar polo tempo para tentar avisar ás testemuñas de que os asasinos están a chegar.

O proxecto, creado por Richard Smith, está baseado na novela gráfica de Christopher Long Hiding In Time. Smith escribiu o episódio piloto, que Trevorrow vai realizar, mentres que ambos producirán.

Davey Holmes (Get Shorty) será o produtor executivo e mais o showrunner, coa MGM Television, a Metronome Film Company e a 1.21 atrás do proxecto. Andrew Mittman e Lloyd Braun son tamén produtores executivos.