Director para o novo Elm Street

0
184

Elm StreetO encargado de dirixir o remake de Pesadelo en Elm Street será Samuel Bayer, un director de vídeos musicais que fará o seu debut na pantalla grande con este filme.

Bayer está a preparar tamén un filme chamado Fiasco Heights. No seu haber conta con vídeos que fixo para artistas coma Blind Melon (No Rain), Candlebox (You), The Cranberries (Zombie), Hole (Doll Parts), The Offspring (Gotta Get Away) e Metallica (Until It Sleeps).

Wesley Strick está a traballar nun guión que se supón que tentará adaptar a primeira das entregas desta popular saga de terror coa ideia de relanza-la cunha produción que escomezará en primavera.